Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Azucreira amplía a súa capacidade para a próxima edición do Festival PortAmérica

A Azucreira amplía a súa capacidade para a próxima edición do Festival PortAmérica

Cada unha das tres xornadas, do 3 ao 5 de xullo, agardan 20.000 persoas no recinto de Portas

Melendi, Mikel Izal, Ca7riel&Paco Amoroso ou Los trigres del norte están entre os 30 artistas do cartel 

No apartado gastonómico suma este ano máis de 30 chefs con 18 estrelas Michelin

Fusión de música española e Iberaméricana coa gastronomía
G24.gal 30/06/2025 15:00 Última actualización 30/06/2025 18:38

A Azucreira de Portas amplía a súa capacidade para a décima terceira edición do Festival Portamérica. O novo recinto acollerá 20.000 persoas cada xornada do 3 ao 5 de xullo para ver a Mikel Izal, Melendi e outros artistas de grande éxito en América Latina, como Catriel ou Los Tigres del Norte.

Ademais sumará 32 chefs de primeiro nivel no seu apartado gastronómico, algo que contribúe a darlle un carácter propio, resalta Joaquín Martínez Silva, o Director de PortAmérica.  

A fusión de música española e iberoamericana coa gastronomía está contribuíndo tamén a consolidar Portamérica como un evento de referencia no turismo de festivais, segundo destacaron tanto os organizadores coma os responsables das entidades públicas que o apoian, o Concello de Portas, a Deputación de Pontevedra e Turismo de Galicia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade