Trufi, o raposo que visita case todos os días unhas ecocabanas na Pobra do Caramiñal
Os clientes están avisados para que non interaccionen cos animais salvaxes
Déixanlle auga e, ás veces, Trufi rouba a comida dos gatos domésticos
A estas alturas do verán os visitantes ateigan os aloxamentos por toda Galicia. Algúns están tan inmersos na natureza que chegan a cohabitar cos animais que estaban no lugar antes ca eles.
A Antonio gústalle pensar que as súas ecocabanas naceron no mar hai 25 anos ao estar feitas con madeira de batea reciclada. Nas abas do monte da Curota, preto do río Pedras., son bioclimáticas e únicas en toda España con cualificación enerxética A.
Ademais, están inmersas na natureza e son amigables coas mascotas. Motivos suficientes para visitas inesperadas como as dun raposo novo que as merodea desde hai un mes, co fociño metido na terra. Por iso lle chama Trufi.
Vimos que había terra levantada e pensamos que eran toupas. E un día regando os tomates da horta ecolóxica pois apareceu Trufi. Quedou mirando como dicindo e ti quen es, eu quedei mirando tamén porque non o cría. Moi tranquilo, sorprendeume a tranquilidade que mostraba, explícanos divertido e engaiolado Antonio Gago, propietario das Ecocabanas Rías Baixas.
As ecocabanas están completas ata setembro e os clientes están avisados das visitas de Trufi.
En cada benvida falámoslles del para que manteñan a distancia, non lle dean de comer e que o desfruten. Deixámoslle auga, pero ás veces se algún dos gatos deixou comida vai e aprovéitaa.
Tamén avisa de que pode non ser o único animal salvaxe no xardín como algún porco espiño ou algún teixugo.
Trufi e a fauna autóctona son xa un atractivo máis destas ecocabanas....por se lles fixera falta máis engado.