Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan o asasinato dunha muller por violencia machista en Formentera

Investigan o asasinato dunha muller por violencia machista en Formentera

A súa parella é o suposto autor do acoitelamento que acabou coa súa vida

Vehículo da Garda Civil nunha imaxe de arquivo. EUROPA PRESS/Alberto Ruíz Vehículo da Garda Civil nunha imaxe de arquivo. EUROPA PRESS/Alberto Ruíz
G24.gal 05/10/2025 19:01 Última actualización 05/10/2025 19:38

A Garda Civil investiga o asasinato dunha muller este domingo por presunta violencia machista en Formentera, segundo confirman fontes do instituto armado e da Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero.

De acordo coa información publicada polo Diario de Eivissa, a súa parella é o suposto autor do acoitelamento que acabou coa vida da muller. Ambos os dous, de nacionalidade italiana, residían na Pitiusa menor.

Axentes dos equipos de Policía Xudicial trasladáronse á illa, onde traballan para esclarecer as circunstancias do asasinato.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade