Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tres ultras do Atlético de Madrid irán a xuízo pola morte de Jimmy once anos despois

Tres ultras do Atlético de Madrid irán a xuízo pola morte de Jimmy once anos despois

A xuíza identifica esas tres persoas como autoras das agresións que acabaron coa vida do seguidor do Dépor 

G24.gal 04/12/2025 07:57

Unha xuíza de Madrid manda ao banco dos acusados tres ultras do Atlético de Madrid pola morte do seguidor do Deportivo Javier Romero Taboada, coñecido como Jimmy, cando xa se cumpriron 11 anos do seu falecemento.

O auto xudicial identifica esas tres persoas como autoras do ataque e destaca que golpearon a vítima con obxectos contundentes e despois a tiraron ao río Manzanares, nas inmediacións do estadio Vicente Calderón, antes dun partido entre ambos os dous equipos, o 30 de novembro de 2014.

E cita os 3 acusados o próximo 18 de decembro para comunicarlles formalmente a decisión.

Os Riazor Blues sempre dixeran que foran víctimas dunha emboscada. E negaron que quedasen para enfrontarse aos radicais atléticos. 

Outras dúas persoas tamén serán xulgadas por lesións a outro seguidor do Dépor nesa liorta. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade