Imposible atopar aloxamento en Vigo a dous días do comezo de Conxemar
A maioría dos hóspedes son cleintes fieis, profesionis do sector dos conxelados do mar, que levan vindo máis de vinte anos
A pegada desta feira, que comeza o martes e dura ata o xoves, exténdese a Redondela, Nigrán e mesmo a Sanxenxo ou o Grove
A dous días de que de comezo Conxemar xa resulta imposible atopar aloxamento non só en Vigo senón en toda a á contorna. A maioría dos profesionais que acoden a esta prestixiosa feira internacional reservan a súa estadía dun ano para outro e moitas prazas nin sequera saen ofertadas nos portais dixitais.
Preto do IFEVI, en Peinador, o Hotel Avión de dúas estrelas, sobre reservas pechadas supera o 90% da ocupación para os días que dura Conxemar, do 7 ao 9 de outubro, pero xa leva varias semanas notando a súa pegada. Os traballadores que montan os postos veñen antes e despois dos tres días grandes.
"Os montadores teñen que vir dúas semanas antes a montar, desde a semana pasada. Esta semana estamos con xente, virá a xente da feira e despois a xente que desmonta. Estamos practicamente cheos, algunha anulación de última hora que deixe unha habitación libre, pero estamos cheos" conta Iván Solla, Xefe de Recepción do Hotel Avión.
No centro de Vigo, na milla de ouro, un dos dous únicos hoteis de cinco estrelas da cidade, o Nagari está cheo baixo o influxo de Conxemar. Clientes de vello, moitos empresarios, que alongan a estancia ata unha semana aínda que a feira dure tres días.
"É unha das datas máis importantes do ano, por non dicir a máis importante. Nós pechamos reservas de ano ano, e non é algo que se prepare nuns días. E temos o hotel completo, ao 100%. O cliente é un profesional que ven a traballar nestas datas, unha persoa moi viaxada.", comenta Carolina Illera, xefa de Recepción do Gran Hotrel Nagari.
Coinciden no sector hoteleiro de toda a comarca, en hoteis de todas as categoría, que a maioría dos seus clientes levan séndoo desde hai máis de vinte anos. Ademáis do prezo da estanza son hóspedes que gastan na cidade e que volven noutras datas.
"Nestas semanas vai haber moitas ceas, festas, eventos... xente que merca roupa para o evento... E moita xente repite noutro período do ano. É unha forma de coñecer a cidade, para despois poida vir coa familia, porque a estancia durante Conxemar sabe a pouco, porque en realidade os clientes veñen traballar. É un punto de referencia para unhas posibles futuras vacacións" subliña Beatriz Carballido, xerente da Federación de turismo e hostalaría de Pontevedra.
Segundo a organización de Conxemar o ano pasado esta feira xerou case 27.000 visitantes de 110 países.