Publicador de contidos

Publicador de contidos

A eclipse solar dispara as reservas de hotel na Mariña: algunhas fixéronse hai xa dous anos

A eclipse solar dispara as reservas de hotel na Mariña: algunhas fixéronse hai xa dous anos

O fenómeno astronómico do 12 de agosto atrae ata a costa a moitas persoas interesadas en asegurarse unha praza de aloxamento 

G24.gal 10/02/2026 22:01 Última actualización 10/02/2026 22:33

Cando o día está chuvioso custa pensar no verán, pero o certo é que este ano as reservas de aloxamento para agosto están sendo cada vez máis solicitadas. A razón: a eclipse solar. A Mariña é un dos lugares nos que se pode gozar deste acontecemento. 

"Notamos un aumento dun vinte por cento, sobre todo nos apartamentos", conta Remedios Salgueiro, directora dun complexo hoteleiro de Viveiro

Ao recorrer algúns establecementos comprobamos as vistas das que se pode gozar, aínda que ese día, o 12 de agosto, a atención esté centrada no ceo.

Hai auténticos fanáticos dos eclipses, de aí a importancia de contar cunha reserva hoteleira que asegure que se va poder gozar deste fenómeno astronómico. Nun hotel de Viveiro recibiron unha petición cunha antelación insólita. 

"Hai xa dous anos... Chamáronos dunha axencia estranxeira para pedir varias habitacións", comenta Sonia López, responsable dun hotel de Viveiro.

A promoción de Galicia como lugar idóneo para ver a eclipse do 12 de agosto disparou as reservas. E que, ademais, non volveremos ver tal fenómeno ata o 2180.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade