Publicador de contidos

Publicador de contidos

A feira Conxemar de Vigo rolda os 850 millóns de volume de negocio

A feira Conxemar de Vigo rolda os 850 millóns de volume de negocio

800 expositores de 50 países presentaron en Conxemar as últimas novidades do sector, que aposta por atraer aos consumidores máis novos

Unha feira pola que pasaron 30.000 persoas, e que agarda superar os 847 millóns de euros de  volume de negocio que conseguiu o ano pasado

 

G24.gal 10/10/2025 19:36 Última actualización 10/10/2025 20:57

As reunións e as apertas de mans en Conxemar son o paso previo a pechar acordos comerciais. Durante tres días Vigo convértese cada ano no centro do mundo do peixe conxelado. Nesta edición, aumentou o número de expositores, que ascende a uns 800, chegados de preto de 50 países. Algúns como Cabo Verde ou Corea contan por primeira vez con pavillón propio no recinto feiral de Vigo

Son moitas as empresas que presentan aquí os seus produtos máis innovadores, en boa parte enfocados en atraer o público máis novo, o que consome menos peixe. A defensa da calidade dos produtos do mar é outro dos piares desta feira. Como novidade nesta edición tamén se habilitaron espazos para reunións e contactos entre empresas e clientes e showcookigs para demostrar a versatilidade dalgúns produtos.

Este ano conseguiron bater a súa propia marca histórica de visitantes nos tres días de feira, achegándose xa aos 30.000. Tamén agardan superar o volume de negocio acadado o ano pasado, que ascendeu a 847 millóns de euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar