Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda reitera o apoio da Xunta para que Conxemar poida seguir medrando

Rueda reitera o apoio da Xunta para que Conxemar poida seguir medrando

O xefe do Goberno galego reuniuse co presidente de Conxemar, a asociación que agrupa 250 empresas de produtos de pesca e acuicultura de toda España, para analizar os retos da industria

Falaron de colaborar na promoción do consumo dos conxelados, especialemente entre a xente máis nova

G24.gal 10/05/2026 13:44

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo unha reunión co presidente de Conxemar, Eloy García, e a directora xeral desta asociación, Yobana Bermúdez, na que se abordaron os retos da industria transformadora dos produtos do mar e o impulso á súa feira anual.

Ao encontro tamén asistiron o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, e a conselleira do Mar, Marta Villaverde.

Na reunión, da que informa a Xunta nun comunicado, se avaluaron as distintas colaboracións entre a Administración autonómica e a entidade en campos como a promoción do consumo de produtos do mar conxelados; o impulso da cadea de valor do sector pesqueiro, e a promoción internacional desta industria.

Neste sentido, destacouse o papel clave da feira internacional Conxemar, que o ano pasado contou con 812 expositores de 46 países e reuniu no Ifevi a cifra histórica de 30.405 visitantes.

O presidente da Xunta reiterou que "o compromiso" do Goberno autonómico coa potenciación do recinto feiral "segue en marcha" e que "a vontade da Xunta segue sendo total".

Conxemar, Asociación Española de Almacenistas, Importadores, Exportadores e Transformadores de Produtos da Pesca e Acuicultura, con sede central en Vigo, agrupa a máis de 250 empresas que concentran máis do 60% do emprego e o 65% e lda facturación da industria e comercialización de produtos pesqueiros. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade