Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atascos e retencións no primeiro día de Conxemar

Atascos e retencións no primeiro día de Conxemar

Nos accesos ao Ifevi houbo desde primeira hora da mañá colas e retencións quilométricas

O plan de tráfico, similar ao de edicións anteriores,  non logrou desconxestionar o tráfico

G24.gal 07/10/2025 13:53

O peche dunha das entradas á AP-9 desde a avenida do Tranvía para converter esa estrada en sentido único e gañar capacidade non conseguiu desconxestionar os accesos ao Ifevi nin evitar o colapso na autoestrada, onde se formaron retencións de varios quilómetros. 

Outro dos accesos onde se viviu o caos circulatorio foi na avenida do Aeroporto, con ringleiras de vehículos desde primeira hora da mañá. 

O colapso atrapou tamén os condutores que non se dirixían a Conxemar e que se viron afectados polas retencións. 

O plan de tráfico activado foi moi similar ao das últimas edicións. Con todo, as limitacións nos accesos ao Ifevi impiden que o tráfico non sexa fluído durante a celebración de grandes eventos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade