Publicador de contidos

Publicador de contidos

Chegan a Vigo os "brioche con gelato" típicos de Sicilia

Chegan a Vigo os "brioche con gelato" típicos de Sicilia

Sabiamos que o pan admite moitas posibilidades, pero agora en Vigo súmase unha máis: o bocadillo de xeado

Trátase dun bolo doce recheo de ata tres sabores de xeado

Ofrecen 16 sabores que van cambiando
G24.gal 15/07/2025 20:19 Última actualización 15/07/2025 20:27

Se os xeados italianos artesáns xa tiñan devotos, para os máis larpeiros chega a Vigo unha proposta dende Sicilia: o brioche con il gelato.

Paola Fusco, responsable da xeadería Framenti, no Paseo de Alfonso XII, explica que "se corta o brioche, que é moi brando, ponse o xeado polo medio e xa se come. Nos substituímolo por un xantar porque é moi grande".

Fanos nunha xeadería rexentada por unha napolita e un siciliano,  Paola e Alessio, que xa tiñan unha pastelería na cidade. Ofrecen 16 sabores que van cambiando, pero nos que sempre inclúen 8 opcións veganas.

O brioche din que combina con calquera opción. Esta parella italiana leva xa tres anos en Vigo conquistando os padais galegos cos mellores doces da súa terra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade