O oficio de campaneiro négase a desaparecer
A Asociación de Campaneiros de Galicia imparte formación para manter viva a profesión
O son das campás de Vilanova do Infantes é todo un luxo para os seus veciños.
David Núñez é o seu campaneiro.
Comezamos por iniciativa de Don Adolfo, o párroco naquel momento. Entón, eu e máis o meu amigo Javi, colliamos cada un unha campá e aí fixemos os nosos primeiros toques experimentais aquí no Santuario da Nosa Señora do Cristal.
Pasaron dende entón dezaseis anos. Agora con 23, David é o campaneiro de toda a comarca de Celanova. A carón do seu mestre, ensínanos a linguaxe das campás. Cada toque, máis rápido ou lento, comunican un acontecemento diferente.
Dende un lume, ata un nacemento, ata unha defunción, ata unha misa diaria ou un toque de oración...
Unha paixón fornecida a base de práctica e constancia.
O mellor chegábamos a casa e con dúas potas eu e outro amigo para mellorar a técnica, isto así, isto por alá... e así fomos aprendendo.
José Manuel, foi o seu mellor mestre: quedaban colgados das campás, eran tan pequenos... un dun lado e o outro doutro. Era imposible pero aquí están, conseguiron o que quixeron e dende logo David foi un alumno avantaxado.
Un oficio ancestral declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Así nolo resume David.
Si que é verdade que onde estea un toque manual das campás soan moito máis, teñen máis reverberación e outra calidade de son que non teñen as campás coas electromazas.
David pertence á Asociación de Campaneiros de Galicia, onde imparten formación para manter vivo un oficio que é parte da nosa historia e da nosa cultura.