Publicador de contidos

Publicador de contidos

'Sexalescencia', un novo concepto da idade

'Sexalescencia', un novo concepto da idade

Etapa da vida entre os 60 e 70 anos caracterizada polas ganas de gozar dunha segunda adolescencia

Non queren nin escoitar falar de 'sesentóns' ou 'sexaxenarios', eles son 'sexalescentes'
G24.gal 25/08/2025 15:20

Agora que tanto se fala de idadismo, da discriminación por ser maior, acúñase un novo termo: a 'sexalescencia'.

"A 'sexalescencia' é unha actitude que toman algunhas persoas de entre 60, 70 anos fronte á vida en xeral", apunta Ana Sabarís, psicóloga sanitaria, colaboradora de Ética Saúde Mental.

E esa actitude é a de seguir sentíndose novas

 "Síntome con vitalidade, con optimismo, non me preocupa envellecer".

"Eu creo que a xuventude está na alma, non?".

"Eu creo que o carácter das persoas non dependa da idade, é o que se leva na cabeza".

"Por moito que os anos pasan, a mente segue creando, segue sendo activa e iso move o teu corpo tamén", contan varios sexalescentes.

"Son persoas moi vitais que teñen moito que achegar aínda e toman a vida deste xeito así máis activa do que fan outras persoas da súa idade", continúa a psicóloga.

Despois de anos de traballo, de crianza dos fillos, de carencias e desvelos agora abrazan a vida con forza.

"A recta final, hai que darlle o esprinte, non?".

"Gústame saír, gústame visitar, gústame viaxar".

"Mentres unha siga con esa actitude de aprender, de inquietarse, de marabillarse, para iso é a vida".

E non lles temen nin enfrontarse ás novas tecnoloxías.

 "Sempre tes que atreverte na vida porque as cousas ao final resultan sinxelas".

Queren fuxir das expectativas tradicionais da vellez dos que pensan que xa non serven para nada, dos que senten que xa lles chegou o final

 "Non enchen o seu tempo libre con actividades do seu interese ou que lle gustan, entón empezan a apagarse a deixar de facer cousas que antes lle estimulaban ou lle gustaban e é a maneira de que se vaian apagando", conclúe Ana Sabarís.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos