Día Mundial da Torta de Queixo
É a máis universal, a que nunca pasa de moda porque evoluciona co paso dos tempos
Empezou a elaborarse na antiga Grecia porque lles daba moita enerxía aos xogadores olímpicos
Levamos o sabor do queixo incrustado no noso ADN, e de aí saíron as tortas. Xa as elaboraban na antiga Grecia cando celebraban os xogos olímpicos porque sabían que lles daba moita enerxía aos participantes. E dende aquela e ata os nosos días nunca deixaron de facerse.
"Leva facéndose toda a vida, si que é certo que agora colleu un pouquiño máis de forza, e todo o mundo opta por facer este tipo de tortas porque ao final moitas veces si que son opcións sinxelas", explica Axel Puchan, xerente do grupo Adelia
Non hai dúas iguais, e esa variedade converteunas nunha sobremesa de culto en moitos lugares do mundo
"Nos EUA a cheesecake é... e hainas boísimas"
"Encántame a torta de queixo é unha paixón, eh"
"Encántame", comentan na rúa
Dende o ano 1985 conmemórase a nivel mundial, o Día da Torta de Queixo, sempre o 30 de xullo. É sen dúbida un dos doces máis versátiles á hora de elaborar e de mesturarlle outros ingredentes.
"Con chocolate branco e pistachos o doce de leite tamén e mesmo chocolate branco e framboesa", apunta Axel
"Como esa sae sempre si ou si pois botes o que lle botes, trátase de callar", comenta unha señora
Algunhas hai que enfornalas outras callan na neveira. Unhas quedan máis densas e cremosas outras máis esponxosas. Para iso tamén hai gustos
"A verdade prefiro a de forno, gústame a textura do queixo que está máis cremosiño"
"Cremosa non, gústame un pouco dura"
E hai algunhas que nunca fallan.
"Pois a min gústame a da miña avoa, esa si"
"Eu a que fago eu directamente, as que se fan na casa"