Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece un motorista tras chocar contra un coche en Miño

Falece un motorista tras chocar contra un coche en Miño

O accidente tivo lugar na N-651 e os ocupantes do turismo resultaron ilesos

No municipio de Miño arredor das dúas e media da tarde
G24.gal 30/07/2025 18:04

Un motorista de 43 anos faleceu tras chocar contra un coche no punto quilométrico 14 da estrada N-651, no municipio de Miño (A Coruña), arredor das dúas e media da tarde.

Segundo informou o 112 Galicia, o impacto causou a morte do motorista, mentres que os ocupantes do turismo non sufriron danos. Foi un particular quen chamou ós equipos de emerxencia, que xa non puideron facer nada por salvarlle a vida ao motorista.

Ata o lugar do accidente desprazáronse o servizo de urxencias 061, os Bombeiros de Betanzos e a Garda Civil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade