Lugo figura na novena posición de toda España en canto a infidelidades no verán
O dato procede dunha plataforma de citas, que calcula a cantidade de usuarios en relación cos habitantes da localidade
A calor pode estar detrás desta situación, xa que aumenta a serotonina que inflúe no benestar
O dato para posicionar as cidades onde hai máis infidelidade faise en función da cantidade de usuarios da aplicación en relación cos habitantes da localidade. É un listado que se corresponde ao verán. Inflúe a calor? Coinciden varios viandantes en que "iso vai na persoa, non na temperatura".
Si que ten que ver a calor. Así o indica a psicóloga Branca Francisco de Araujo: "Pode axudarnos a liberar máis serotonina, que vai influír no noso benestar".
No listado de 20 cidades que destacan polas infidelidades hai tres localidades galegas. Lugo está na novena posición.
A Coruña ocupa a undécima posición e Vigo, a 17.