Publicador de contidos

Publicador de contidos

Desencantadas coas aplicacións de citas, as xeracións máis novas procuran vías alternativas para atopar parella

Desencantadas coas aplicacións de citas, as xeracións máis novas procuran vías alternativas para atopar parella

Nas axencias matrimoniais a maior parte dos usuarios seguen a ser os maiores de 35 anos

As xeracións máis novas procuran vías alternativas
G24.gal 25/08/2025 20:02 Última actualización 25/08/2025 20:26

Entre as persoas que buscan parella cada vez son máis as desencantadas coas aplicacións de citas. Sobre todo, as xeracións máis novas. Nas axencias matrimoniais tamén o están a notar.

"A partir dos 23 ou 24 anos os que queren xa plantearse unha parella seria e que xa estiveron investigando polas redes son os que adoitan vir", asegura Pilar Abeleira, da axencia matrimonial Lazos.

Pilar é psicóloga con experiencia en terapias de parella. Apunta á inseguridade e á desconfianza cara as relacións que se establecen online.

"As aplicacións fíxanse só no físico. Poden poñer certas habilidades ou características deles, pero o certo é que se senten menos seguros", matiza Pilar Abeleira.

Con todo, nas axencias matrimoniais a maior parte dos usuarios seguen a ser os maiores de 35 anos. Un servizo de asesoramento e acompañamento durante todo o proceso de busca, sen límite de tempo e que pode oscilar entre os 700 e os 2000 euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade