Publicador de contidos

Publicador de contidos

Veciños de Bertamiráns denuncian unha nova vertedura no río Sar

Veciños de Bertamiráns denuncian unha nova vertedura no río Sar

Unha escuma branca similar a do deterxente cobre un treito do paseo fluvial

Descoñécese se esta vertedura garda relación coa da depuradora de Silvouta 

G24.gal 04/11/2025 14:14

Unha escuma branca similar á do deterxente cobre as xa castigadas augas do río Sar ao seu paso polo paseo fluvial de Bertamiráns.

"Parece deterxente pero eu creo que é como unha sosa que se bota nas depuradoras para desfacer os detritus"

"É escuma branca, se te fixas alí arriba non a hai. O salto de auga sempre formou unha pequena escuma natural, pero non isto", din os veciños

A escuma fórmase á altura do muíño de Entrerríos. Frota sobre unhas augas que aínda non se recuperaron da vertedura causada polas obras da depuradora de Silvouta o pasado mes de outubro. Daquela as augas volvéronse grises e pestilentes e cubríronse cun manto de escuma.

"Iso era indescritible, non se podía abrir a fiestra, penetraba o cheiro dentro das casas".

"Era imposible vir por aquí, o cheiro era insoportable".

Polo momento descoñécese se ambas verteduras gardan relación.

"Dalgún lugar vén esa escuma, eu non sei se é algo que botan na depuradora ou vén doutro sitio. Pero eles seguro que o saben".

Sexa como sexa, os veciños piden medidas contundentes para acabar cun problema de contaminación que, aseguran, vén de vello.

"A porcallada toda de Santiago vén para aquí, e o río máis contaminado de Europa".

"Isto é a gota que colma o vaso, pero isto vén de atrás. Se Rosalía de Castro levanta a cabeza fulmina coa súa escritura a máis dun".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos