Publicador de contidos

Publicador de contidos

A borrasca obriga a pechar a nova plataforma flotante do Parrote, na Coruña

A borrasca obriga a pechar a nova plataforma flotante do Parrote, na Coruña

A cidade herculina mantén pechados parques, praias e áreas infantís por seguridade

Este mal tempo en terra prolongarase, polo menos, ata as cinco da madrugada deste mércores

G24.gal 04/11/2025 14:12

Por mor das condicións meteorolóxicas adversas, o Porto da Coruña decidiu pechar a nova plataforma flotante do Parrote. E é que o vento sopra con forza 8 na cidade herculina, onde os refachos poden superar os 80 quilómetros por hora.

Con esta situación, A Coruña mantén pechados, como medida preventiva, parques, xardíns e zonas infantís. E é que con esta situación, hai que andar con cautela e evitar transitar por zonas arboradas ou preto de fachadas das que se poidan desprender obxectos como testos, toldos ou calquera outro elemento.

Este mal tempo en terra prolongarase, polo menos, ata as cinco da madrugada deste mércores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade