Seguen os incendios en Massó Cangas
Os veciños queren que a nave se recicle nunha infraestrutura cultural ou social
Esta semana volveu arder a vella nave de Massó en Cangas. Os incidentes son reiterados nesta vella nave malia que se está a tapiar a cotío acaba sendo invadida polos okupas. Os veciños piden piden que se convirta nunha infraestrutura cultural e social e que se sanee a zona.
Para os cangueses Massó é moito máis que unha vella nave abandonada. Moitos traballaron aquí e lembran as épocas gloriosas das baleas e dun complexo que tiña desde hotel ata lagoa. Por iso están fartosde ver cómo a zona se degrada e a factoría se incendia unha e outra vez.
O último lume tardou en extinguirse unha hora e media. Na extinción participaron os bombeiros do Morrazo e tamén colaboraron Emerxencias de Cangas, Proteción Civil de Cangas e Garda Civil. Sucesos como o do martes 3 de novembro levan repetíndose desde hai anos como vemos nestas imaxes doutros episodios semellantes.
Ademais de tapiar e controlar os accesos os cangueses son partidarios de que se constrúa unha infraestrutura cultural ou social neste lugar. Unha factoría tamén baleeira das máis importantes de Europa no pasado século.
Nos noventa houbo para este lugar un proxecto de gran porto deportivo que non se chegou a facer pola gran contestación social que xerou.