Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aviso laranxa no litoral por vento e ondas que superarán os 6 metros de altura

Aviso laranxa no litoral por vento e ondas que superarán os 6 metros de altura

Tamén se decretou a suspensión das actividades deportivas do programa Xogade e federadas nas provincias da Coruña e Pontevedra

Por diante agardamos dous días de fortes precipitacións e moito vento

 

O temporal afectará con máis intensidade as comarcas atlánticas
G24.gal 03/11/2025 14:18

A Xunta de Galicia activou para este martes a alerta laranxa por temporal costeiro no litoral das provincias da Coruña e de Pontevedra.

Tal como informou nun comunicado, co fin de garantir a seguridade das persoas e os bens, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior informou aos concellos e ás provincias afectadas, ademais da os servizos e demais organismos.

Por este motivo, tamén se decretou a suspensión das actividades deportivas do programa Xogade e federadas nos devanditos municipios.

En concreto, no litoral da Coruña a suspensión abarca desde as 09.00 horas do martes ás 05.00 horas do mércores, mentres que en Pontevedra será desde as 12.00 horas do martes ata as 10.00 horas do mércores.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía, o fenómeno meteorolóxico adverso estará activo desde a mañá deste martes no noroeste e oeste da costa coruñesa, estendéndose pola tarde ao suroeste do litoral da Coruña e a Pontevedra. Espéranse ventos do sur con ata forza 8 e ondas de ata seis metros.

Por todo iso, o Goberno galego lembrou a importancia de manterse afastado da liña costeira e de paseos marítimos e pediu que se extremen as precaucións á hora de realizar calquera actividade no mar.

 

Así pois, punto e final a unhas temperaturas máis que agradables en Galicia.

"A ver, polo pouco que temos hai que aproveitalo", apunta unha señora sentada ao sol.

Hoxe o sol prestou, e foron moitos os que aproveitaron para atrapalo.

 "Dígolles 'sentádevos aquí 5 minutos', e os 5 minutos xa van alá", engade outra.

Alá vai tamén a influencia anticiclónica porque un novo temporal de chuvia e vento estase movendo cara a Galicia.

"Nas últimas horas do día de hoxe veremos como comenza a haber precipitacións polo litoral atlántico, especialmente na zona da Costa da Morte, aí comezará a haber algunhas chuvias e durante esta noite irá aumentando a intensidade do vento", informa Ana Lage de MeteoGalicia.

O temporal vai recruar, sobre todo polas noites.

"É máis cómodo porque non estás na rúa, normalmente, pero tamén é certo que é peor porque a xente está menos en garda", comenta un señor.

O vento do sur será de forza oito polo que hai activado un aviso laranxa no litoral con ondas que poderán superar os 5 metros de altura.

"O momento peor será na noite do martes ao mércores, cando teremos vento forte, pero chuvia forte tamén", continúa a meteoróloga.

"A min non me importa ter un pouquiño de todo, a ver, que non sexa moi continuo que sexa un par de días nada máis, porque tampouco queres estar pechada na casa", engade unha muller.

Pois así será, un par de días de fortes precipitacións onde se poderán acumular máis de 40 litros por metro cadrado en 12 horas.

"Sobre todo nas provincias de Pontevedra e da Coruña e en xeral nas zonas altas de Galicia", precisa Ana Lage.

A partir do mediodía do mércores a situación mellora aínda que haberá unha baixada das temperaturas, máis acusada a partir do xoves.

"Na montaña, por exemplo de Ourense mesmo se poderían acadar valores arredor dos cero graos".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade