Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aviso vermello por chuvias torrenciais en Valencia e Almería

Aviso vermello por chuvias torrenciais en Valencia e Almería

As chuvias chegaron case aos 150 litros por metro cadrado nalgunhas comarcas de Valencia

A borrasca Emilia afástase das Canarias e avanza cara a Cataluña

Os bombeiros de Castelló rescatan unha parella do seu vehículo
G24.gal 14/12/2025 20:53 Última actualización 14/12/2025 21:44

Ata as seis da madrugada está activo no litoral da provincia de Valencia o aviso vermello da Axencia Estatal de Meteoroloxía e o laranxa no resto. As acumulacións de auga superaron os 146 litros por metro cadrado na comarca da Safor.

Estiveron suspendidas as actividades culturais e deportivas e os bombeiros de Castelló tiveron que rescatar unha parella do seu vehículo pola gran cantidade de auga acumulada na estrada. 

"Seguimos mantendo as mesmas recomendacións desta mañá: que non atravesen zonas inundables, que se manteñan afastados de canles e barrancos por se hai acumulación de chuvias en calquera momento e que sempre estean atentos á información dos servizos de emerxencia", explicou o conselleiro valenciano de Emerxencias e Interior, Juan Carlos Valderrama.

As comarcas almerienses do Valle de Almanzora e Los Vélez están tamén en aviso vermello polas chuvias ata a medianoite.

A acumulación de auga durante a tarde e algúns desprendementos condicionaron a circulación en varias estradas do norte da provincia. A mobilidade da cidadanía reduciuse de xeito importante nas zonas máis afectadas. 

Onde xa se deu por finalizado o aviso foi nas Canarias. O paso da borrasca Emilia deixou máis de 500 incidencias por mor do vento e a chuvia, fundamentalmente o sábado, pero non se rexistraron danos persoais. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade