Publicador de contidos

Publicador de contidos

Varias aldeas do Morrazo, pendentes dun xerador que falla

Varias aldeas do Morrazo, pendentes dun xerador que falla

Unha árbore caeu sobre o tendido eléctrico hai case unha semana, e as apadas son constantes

G24.gal 23/02/2026 14:02

A sucesión de borrascas ten algúns veciños do rural de Moaña e Cangas pendentes dun xerador eléctrico que non termina de solucionar os seus problemas de subministración. Hai case unha semana a borrasca Pedro derrubou unha árbore sobre os cables eléctricos, e os veciños da Ameixoada quedaron sen subministración.

Eles e parte dos de Coiro e Xielas, na veciña Moaña. Varias veciñas recoñecen que os apagamentos son constantes dende que a árbore caeu sobre o tendido. Estiveron sen luz dende as 11 da mañá ata as seis da tarde, cando se instalou un grupo electróxeno que aínda está alí, igual que a árbore. Unha solución provisional que segue a dar problemas, porque os cortes de luz son constantes.

Os veciños acostumáronse a quedar sen luz cando fan a comida, e algún mesmo ten problemas coa alarma, que salta cada vez que falla o subministro. 

Son moitos os que denuncian que os continuos baixóns de tensión están a danar os electrodomésticos e a dificultade que teñen para poñerse en contacto coa compañía eléctrica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade