Cargando resultados...
Unha incidencia en Chamartín paralizou a circulación durante a mañá e afectou un tren a Galicia
A avaría solucionouse en pouco máis dunha hora pero os convois foron acumulando atrasos
G24.gal
25/12/2025 16:14
Unha incidencia na estación de Chamartín, en Madrid, mantivo paralizada a circulación da alta velocidade durante a mañá de Nadal. A avaría afectaba as instalacións de sinalización da estación madrileña provocou algunhas demoras en trens AVE con chegadas polo Corredor de Levante.
Entre os afectados, tamén un ave a Galicia que saiu con corenta minutos de atraso. O xestor dee infraestruturas solucionou a incidencia unha hora despois.
O resto de trens, de proximidade ou Media Distancia, non se viron afectados por este incidente na sinalización.