Publicador de contidos

Publicador de contidos

A ocupación nos albergues da rede pública do Xacobeo medra un 3,2%

A ocupación nos albergues da rede pública do Xacobeo medra un 3,2%

Superáronse as 261.000 noites entre xaneiro e novembro deste ano

O Camiño Francés mantense como a ruta máis demandada

A Coruña é a provincia que rexistra o maior número de noites

Tono Arias Tono Arias
G24.gal 25/12/2025 16:39

A ocupación nos albergues da rede pública do Xacobeo creceu un 3,2% e supera xa as 261.000 noites entre xaneiro e novembro deste ano, segundo datos achegados pola Xunta. O Camiño Francés mantense como a ruta máis demandada, mentres que A Coruña é a provincia que rexistra o maior número de noites.

A falta de coñecer os datos do mes de decembro e xa superadas as 500.000 compostelas entregadas, os albergues da Xunta da Rede Pública do Xacobeo suman un total de 261.073 noites que se distribúen nos once primeiros meses de 2025, 8.244 noites máis que no mesmo período de 2024.

Por meses, agosto foi o de maior afluencia con 38.799 noites rexistradas, seguido de xullo, con 35.190; setembro, con 32.662; maio, con 32.594 e xuño con 31.907 noites. Deste xeito, no período maio-setembro supérase a media de 30.000 noites en cada un destes meses.

"Precisamente, o número de noites alcanzado particularmente nos meses de maio e setembro confirman o avance nos esforzos de desestacionalización da Xunta de Galicia", remarca esta última.

"Algo no que abundan tamén os bos datos dos meses de abril, con 28.515 noites, a pesar de que aquí habería que incluír o efecto da Semana Santa, e outubro, no que se fixeron 27.492 noites en albergues públicos da Xunta".

Por rutas, o Camiño Francés confírmase a máis demandada, con 107.274 noites rexistradas entre os meses de xaneiro e novembro, 288 noites máis que no período de 2024. Seguen os albergues do Camiño Portugués, nos que se fixeron 57.281 noites, experimentando o maior crecemento en termos absolutos con respecto ao mesmo período do ano anterior, con 4.129 noites máis.

Séguenlle os do Inglés, con 20.270 noites, o segundo de maior incremento con 3.163 noites máis; o Camiño Mozárabe-Vía da Prata, con 18.588; e o Camiño Primitivo, no que se fixeron 17.847 noites.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade