Publicador de contidos

Publicador de contidos

As pintadas de "Carlos e Gorda" indignan os peregrinos

As pintadas de "Carlos e Gorda" indignan os peregrinos

Deixaron o seu nome en ducias de fitos quilométricos do Camiño Francés

Moitos camiñantes condenan o "comportamento incívico" destes dous peregrinos

 

 

G24.gal 20/10/2025 14:03

Non son os primeiros en vandalizar os marcos quilométricos do Camiño. Pero a insistencia coa que os fixeron Carlos e Gorda dá que falar en toda a ruta.

Algúns restan importancia ás pintadas, que aparecen canda as frechas amarelas nos últimos 100 quilómetros do Camiño Francés. Pero a maioría dos camiñantes se suman ás denuncias que proliferan nas redes sociais. 

Polo momento non saben quen son os autores da falcatruada. Hai quen di que non eran parella, senón un home e a súa cadela que fixeron o Camiño en setembro. 

Agardan que a chuvia acabe borrando a pegada destes dous camiñantes, e que non veñan outros detrás que decidan copiar a idea dos que non respectan o que é de todos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade