Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vandalizan o castro de Alobre en Vilagarcía de Arousa

Vandalizan o castro de Alobre en Vilagarcía de Arousa

Desde Apatrigal, a asociación pola defensa do patrimonio de Galicia, atribúen estes actos vandálicos á ignorancia

Apelan á necesidade de educar no respecto pola historia e o patrimonio

Descoñecidos pintaron o muro dunha das casas castrexas do castro de Alobre
G24.gal 09/03/2026 14:43

O castro de Alobre ten máis de 2.000 anos de historia. Estivo habitado do século I a. C. ata o III d. C. e foi a orixe da actual Vilagarcía. Nas diferentes campañas de escavacións que se levaron a cabo nel rexistráronse máis de 20.000 achados, de importante valor histórico, etnográfico e artístico. Pero estes días o muro dunha das casas castrexas foi atacado cunha pintada, que será complicado e caro eliminar.

Desde Apatrigal, a asociación pola defensa do patrimonio de Galicia, atribúen estes actos vandálicos á ignorancia. Apelan á necesidade de educar no respecto pola historia e o patrimonio. Na contorna do castro xa vandalizaron bancos de pedra e mesmo árbores.

O Concello de Vilagarcía vai presentar denuncia para dar co autor das pintadas e que responda por este ataque ao patrimonio histórico da vila.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade