Cargando resultados...
Unha tradición moi refrescante: os bañistas da Coruña non faltan á súa cita nin en Nadal
A temperatura da auga, 13,9 graos, e a do termómetro, tan só 9 graos, non impediu que acudisen dar un baño que para eles, din, é fonte de saúde
G24.gal
25/12/2025 14:17
Malia ir tanto frío hai quen mantén as tradicións. Unha das típicas deste 25 de decembro é a de mergullarse na praia de Riazor. Alí, como cada mañá, un grupo de persoas inician a xornada cun baño.
A auga do mar, din, dálles azos para o seu día a día. O baño é para eles fonte de saúde.
A temperatura da auga era de 13,9 graos, no ceo alternaban nubes e claros e o termómetro marcaba 9 graos.
So faltan á súa cita cando Riazor pecha por temporal, daquela trasládanse a Oza. Hoxe, desde o espazo que lles serve de gardarroupa, mandan unha mensaxe para quen mira asombrado mentres eles gozan do mar.