No outono aumentan as consultas psicóloxicas para sobrelevar o día a día
Co outono dá comezo o camiño cara ao inverno. Unha época en que aumentan as consultas psicolóxicas. Dino os especialistas. O número de persoas que piden axudan medra entre un 20 e un 30%.
"Nos meses de outubro e novembro sempre hai moita máis influencia de pacientes. A sintomatoloxía adoita aumentar por diferentes factores polo que a xente pide máis axuda", asegura a psicóloga Sara Otero de MFL Psicoloxía.
Un dos factores tras o cambio do estado de ánimo, a redución das horas de luz. Amais imponse o balbordo do día a día. Un rebumbio que pode desencadear cansazo, angustia, estrés por motivos diversos.
"Coa sobrecarga da nosa rutina e con menos horas de luz amais tamén adoitamos quitar de facer aquelo que nos reforza, por exemplo, quedar coas nosas amigas ou amigos, ou facer actvidades ao aire libre", engade a psicóloga Sara Otero.
Recomendan organizar o cotián de tal maneira que teñamos momentos de desconexión para compartir con familia e amizades. Mellor se é en horas con luz natural. Entre os que piden axuda son máis as mulleres que os homes. E cada vez hai máis xente nova.