Publicador de contidos

Publicador de contidos

A natureza como aliada para mellorar os beneficios da terapia psicolóxica

A natureza como aliada para mellorar os beneficios da terapia psicolóxica

Numerosos estudos demostran que o contacto coa natureza mellora o benestar tanto físico como emocional das persoas

G24.gal 08/08/2026 14:44

O estres do día a día lévanos a vivir con présa, moitas veces en modo automático e desconectados dos ritmos da natureza... de aí a importancia de parar e volver ás orixes para recargar baterías.

"No canto de facer as sesións en consulta facémolas nun bosque, imos escalar ou a carón dun lume. Isto permite que a persoa estea máis relaxada, que sinta menos presión á hora de compartir e abrirse. É un contexto que acolle dun xeito diferente e facilita que a persoa se involucre activamente." ,explica Noelia Ruiz de Cortázar, psicóloga e impulsora de Experientia.

Para a proveitar os beneficios que aporta esa aliadada do proceso terapeútico que é a natureza, xa hai quen organiza sesións dirixidas por psicólogos no marco de actividades ao aire libre tanto individuais como en grupo ou mesmo para empresas.

"Para moitas persoas este tipo de intervención é moi beneficionsa porque se sinte máis cómodas e máis conectadas e porque os beneficios da natureza tamén reforzan o tratamento. De feito agora xa hai orzamento público, conseguimos que nos hospitais públicos se financien este tipo de programas.", engade Noelia Ruiz de Cortázar.

Unha combinación de natureza e terapia que se ven realizando noutros países dende hai máis de medio século e que agora nos permite, tamén aquí, mellorar en benestar grazas á natureza.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade