Cargando resultados...
O Fuciño do Porco volve abrir ao público este martes
Para poder ir haberá que facer unha reserva
O tempo da visita será de 45 minutos como máximo
As reservas poderán realizarse a través da páxina web oficial de Punta Fuciño do Porco

G24.gal
30/06/2025 09:58
O carreiro do Fuciño do Porco, situado no municipio lucense do Vicedo, volverá abrir ao público, despois dun longo tempo pechado por desprendementos, este martes, día 1 de xullo.
Desta forma, para poder visitalo haberá que contar con reserva previa. Ademais, as visitas contarán cunha duración máxima de 45 minutos e o horario de apertura é de 09:00 a 21:00 horas.
As reservas poderán realizarse a través da páxina web oficial de Punta Fuciño do Porco.