Publicador de contidos

Publicador de contidos

Friol, ideal para unha escapada rural

Friol, ideal para unha escapada rural

O concello lucense figura nun concurso en liña entre os cinco mellores destinos en todo o ámbito estatal

O castelo de Narla é un dos monumentos friolenses de maior renome
Félix Aragunde 31/10/2025 20:29

O concello lucense de Friol resultou finalista este ano no concurso organizado pola páxina Escapada Rural. Figura así entre os cinco mellores destinos de todo o ámbito estatal para botar uns días lonxe do asfalto.

Atractivos non lle faltan a este concello da comarca de Lugo, comezando por unha das fortalezas medievais mellor conservadas de todo o país, o castelo de Narla. E tamén conta con varias festas de sona, tanto gastronómicas, coma o do queixo de Cotá e o pan de Ousá, como de recreación histórica, como é o Friulio, onde se baten galaicos e romanos.

"Eu penso que iso foi moi acertado, porque Friol o merece. É un concello que ten moito que ver, onde se fan moitas festas, a gastronomía, ten moita arquitectura... É un sitio digno de ver", sinala Begoña Corral, propietaria dun hotel de turismo rural.

A páxina organizadora do concurso menciona ademais algúns dos númerosos aloxamentos que hai en Friol. Albergan tanto peregrinos como amantes das escapadas de fin de semana.

Detalle do hotel rural O Cruce do Burgo, na parroquia friolense do Pacio Detalle do hotel rural O Cruce do Burgo, na parroquia friolense do Pacio
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade