Paula Prado pon en valor o PPdeG como o "partido do rural"
A secretaria xeral dos populares galegos destaca a importancia de "crear e manter servizos no rural"
Destacou que o seu partido goberna no 60% dos municipios de menos de 5.000 habitantes
O PPdeG pon en valor "crear e manter servizos no rural" apostando por políticas encamiñadas a "fixar e incrementar a poboación".
A secretaria xeral dos populares galegos destacou a importancia de "tecer redes sociais e puntos de encontro" nos concellos pequenos, como é o caso de Piñor, na provincia de Ourense, que recentemente abriu un bar municipal no lugar de Arenteiro.
Paula Prado visitou xunto o seu alcalde esa cafetería e salientou o "bo facer" dos gobernos populares, como o de Piñor, por "investir esforzos en recuperar un servizo que é moito máis ca un negocio, un lugar de reunión e socialización".
A número dous do PPdeG destacou que o seu partido goberna no 60% dos municipios de menos de 5.000 habitantes.