Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PPdeG defende a política de vivenda de "chaves en man" de Rueda

O PPdeG defende a política de vivenda de "chaves en man" de Rueda

Paula Prado insistiu en que o PP toma medidas fronte aos “anuncios baleiros” de Sánchez e os seus socios do BNG

A secretaria xeral dos populares galegos tamén se referiu á "inseguridade xurídica" que hai –dixo– para os alugueiros

G24.gal 19/09/2026 18:34

O PPdeG reivindicou este sábado as políticas de vivenda do Goberno galego de "chaves en man" e de "facilidades de acceso e de fixación de poboación no rural", fronte ao modelo de "anuncios baleiros" que atribuíron "ao Goberno de Sánchez e os seus socios independentistas do BNG".

Así o trasladaron este sábado a secretaria xeral do PPdeGalicia, Paula Prado, e o presidente provincial do PP de Ourense, Luis Menor, xunto co presidente da xestora municipal do PP de Maceda, José Manuel Gil, durante clausura da xornada informativa organizada polo partido na localidade para abordar o problema do acceso á vivenda.

"Defendemos que quen queira vivir no noso rural, nas nosas aldeas, poida facelo, con dignidade e con facilidades de acceso. Porque a vivenda é un problema social e demográfico. Unha preocupación do Goberno galego fronte ao escaso apoio que ofrece o Plan estatal de vivenda de Sánchez", sinalou a secretaria xeral do PPdeG.

Neste sentido, lamentou que Sánchez "leve oito anos facendo da vivenda un luxo", con "consecuencias" entre as que mencionou "prezos disparados, mozos que non poden emanciparse e a citada ocupación".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade