Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dúas persoas quedan feridas de gravidade nun accidente en Salvaterra

Dúas persoas quedan feridas de gravidade nun accidente en Salvaterra

Unha condutora invadiu o carril contrario e chocou contra un coche de axentes ambientais

G24.gal 25/07/2025 15:38 Última actualización 25/07/2025 16:05

Dúas persoas quedaron feridas de gravidade nun accidente de tráfico ocorrido a primeira hora da tarde deste venres en Salvaterra.

O sinistro produciuse na estrada PO-403 cando unha condutora invadiu o carril contrario e chocou cun coche de axentes ambientais da Xunta de Galicia.

A muller tivo que ser liberada polos bombeiros e logo trasladada en helicóptero ao Cunqueiro. O outro ferido foi ingresado no mesmo centro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade