Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre unha muller tras ser atropelada nunha pista do Toxal, en Porqueira

Morre unha muller tras ser atropelada nunha pista do Toxal, en Porqueira

O accidente produciuse ao redor das 11:40 horas deste sábado, no Toxal, parroquia de Sabucedo

A Garda Civil no lugar do atropelo, O Toxal, Sabucedo, concello de Porqueira
G24.gal 26/07/2025 13:44 Última actualización 26/07/2025 18:17

Unha muller de avanzada idade faleceu este sábado tras ser atropelada por un vehículo no lugar de O Toxal, na parroquia de Sabucedo, pertencente ao concello de Porqueira (Ourense).

Segundo informa o servizo de atención a emerxencias 112 Galicia, o accidente produciuse ao redor das 11:40 horas deste sábado.

Ata o lugar do sinistro desprazáronse os profesionais sanitarios do helicóptero medicalizado con base en Ourense, aínda que os esforzos foron insuficientes para salvar a vida da muller, que faleceu por mor das lesións sufridas. 

Segundo informou a Garda Civil, a vítima tiña 82 anos. É unha monxa que residía en Salamanca e que viña todos os veráns  a ver á súa irmá que é dependente.

O atropelo produciuse cuando a conductora dun vehículo mixto Peugeot Partner realizaba unha manobra de marcha atrás. Non viu á vítima e deulle un golpe que a fixo caer. Unha caída que resultou ser mortal.

A conductora era a repartidora do pan; unha veciña da parroquia de Gande, no concello limítrofe de Xinzo de Limia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade