Cargando resultados...
Estoupa e arde un camión que transportaba pintura e neumáticos na A-6, á saída de Madrid
O suceso produciuse preto das tres da mañá, e obrigou a pechar varias horas a principal saída de Madrid a Galicia
Momento no que os bombeiros apagan o incendio do camión. Foto: Bombeiros da Comunidade de Madrid
G24.gal
26/07/2025 13:10
Un camión que transportaba botes de pintura e neumáticos estoupou e ardeu na saída de Madrid pola A 6. O suceso produciuse preto das tres da mañá, e obrigou a pechar varias horas a principal saída de Madrid a Galicia.
Oito dotacións de bombeiros da comunidade de Madrid tiveron que intervir para controlar o incendio do camión, que se extendeu á vexetación próxima a autoestrada A 6, ao seu paso polo concello madrileño de As Rozas.
No suceso non houbo feridos,pero obrigou a manter pechada varias horas a circulación nos dous sentidos. Os bombeiros sinalaron que o camión ía cargado de mercadoría fácilmente inflamable.