Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un incendio nunha lancha afecta varias embarcacións no porto de Ribeira

Un incendio nunha lancha afecta varias embarcacións no porto de Ribeira

O lume iniciouse ao mediodía deste venres e obrigou a mobilizar bombeiros de Boiro e Ribeira

Participaron tamén Protección Civil e Policía Local

G24.gal 25/07/2025 19:10

Un incendio declarado este venres, 25 de xullo, nunha lancha no porto de Ribeira estendeuse a outras embarcacións próximas, segundo informou o Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña.

O lume iniciouse arredor das 12:12 horas e obrigou a intervir os bombeiros do parque provincial de Boiro para sufocar as chamas.

Ao operativo sumáronse tamén efectivos dos Bombeiros de Ribeira, membros da agrupación de voluntarios de Protección Civil e axentes da Policía Local.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade