Evacuadas tres persoas tras incendiarse a cociña dunha vivenda en Bergondo
Foron trasladadas ao hospital con síntomas de intoxicación por inhalación de fume
Tres persoas tiveron que ser evacuadas con síntomas de intoxicación por inhalación de fume durante a noite deste venres tras incendiarse unha cociña en Bergondo, na parroquia de Guísamo.
Segundo informa o 112, o lume iniciouse no extractor e estendeuse primeiro ao mobiliario próximo e logo ao resto da estancia. A veciñanza a foi a que alertou do lume e de que había persoas dentro da vivenda.
Urxencias Sanitarias organizou o envío dun equipo que, finalmente, tivo que atender e trasladar ao hospital de referencia tres persoas con síntomas de intoxicación por inhalación de fume.
Os bombeiros do parque provincial de Betanzos tamén acudiron ao lugar, do mesmo xeito que Protección Civil de Bergondo e axentes da Garda Civil.