Publicador de contidos

Publicador de contidos

Animan en redes a tirarse á lagoa de Catoira na que morreu un rapaz recentemente

Animan en redes a tirarse á lagoa de Catoira na que morreu un rapaz recentemente

Esta antiga canteira é unha zona perigosa na que non está permitido o baño

G24.gal 25/07/2025 16:11

A veciñanza de Catoira non dá creto. Unha semana despois de que morrese un menor na lagoa de Pedras Miúdas, nas redes sociais aumentan os vídeos de xente lanzándose á auga e incluso con titoriais explicando como hai que facelo.

Nalgúns casos, os instagramers animan a tirarse e retan os seus seguidores.

Desde a morte do menor, de 14 anos, aínda están pechados algúns accesos á lagoa. Pero desde hai moito, o Concello de Catoira ten colocados carteis advertindo do perigo do baño.

As redes sociais están cheas de xente bañándose. Algúns, desde a beira. Outros, desde o alto do monte.

Algúns dos vídeos son antigos, pero os seus autores aproveitaron para publicalos de novo estes días, despois da morte do menor. E iso chama máis xente nova.

A lagoa está chea de sinais. O Concello afirma que o ph da auga non é o adecuado, pero especialmente é perigoso lanzarse desde a altura, nunha zona de moitas pedras, xa que é unha antiga canteira.

O risco de saltar desde as pedras é evidente. A altura e a auga moura, sen ver o fondo, xa advirten dos riscos, incluso para a xente que non coñece a zona.

Aínda que a Garda Civil vixía a zona, as autoridades fan un chamamento: a única forma de gozar da lagoa é cun paseo pola beira.


 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar