Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ferida unha muller que quedou atrapada ao caerlle unha árbore encima en Poio

Ferida unha muller que quedou atrapada ao caerlle unha árbore encima en Poio

Unha vez liberada, foi trasladada a un centro hospitalario

061 GALICIA - Arquivo 061 GALICIA - Arquivo
G24.gal 24/07/2025 13:58

Unha muller quedou ferida este xoves ao mediodía en Poio ao caerlle unha árbore encima e quedar atrapada. Unha vez liberada, foi trasladada a un centro hospitalario.

Segundo informan o 112 Galicia e testemuñas presenciais, o aviso dábano varias persoas particulares sobre as 12:15 horas desde a rúa Río Lérez, nas inmediacións do Liceo Casino.

Seguidamente, a central de emerxencias informaba ao GES de Sanxenxo, aos bombeiros de Pontevedra, á Garda Civil, á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil de Poio.

Unha vez alí, os equipos de emerxencias traballaron para liberar a muller, que podía presentar algunha fractura pero se atopaba en bo estado. Foi atendida no sitio polo persoal de Urxencias Sanitarias-061 antes de trasladala ao hospital.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade