Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre unha muller tras sufrir unha caída preto dun parque eólico en Laxe

Morre unha muller tras sufrir unha caída preto dun parque eólico en Laxe

O 061 mobilizou o helicpótero medicalizado con base en Santiago, pero a vítima morreu no lugar dos feitos

O helicóptero do 061 con base en Santiago, nunha imaxe de arquivo. Europa Press / Agostime O helicóptero do 061 con base en Santiago, nunha imaxe de arquivo. Europa Press / Agostime
G24.gal 24/07/2025 08:08

Unha muller faleceu este mércores tras sufrir unha caída preto dun parque eólico do concello de Laxe, segundo informa o 112 Galicia. O suceso tivo lugar sobre as 20:15 horas, na parroquia de Soesto.

Os servizos de emerxencias sanitarias mobilizaron o helicóptero medicalizado con base en Santiago para atender a vítima, pero o persoal só puido certificar o seu falecemento.

No operativo tamén participou a Garda Civil, a Policía Local e a agrupación de Protección Civil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade