Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rescatan unha persoa tras caer ao mar en Ribeira, con síntomas de hipotermia

Rescatan unha persoa tras caer ao mar en Ribeira, con síntomas de hipotermia

Os bombeiros trasladárona en padiola ata o punto onde os profesionais sanitarios lle prestaron asistencia

G24.gal 25/07/2025 14:12

Unha persoa foi rescatada este venres tras caer ao mar nunha zona de rochas na praia de Balieiros, en Ribeira, nun punto próximo ao faro. Unha vez a salvo, necesitou asistencia médica, xa que presentaba síntomas de hipotermia e estaba desorientada.

O incidente tivo lugar ao redor das 11:15 horas, momento no que un particular alertou ao 112 Galicia de que o implicado estaba na auga, a varios metros da costa, segundo informou a Axencia Galega de Emerxencias (Axega).

Segundo relatou o alertador, varios particulares tentaron rescatalo polos seus propios medios. Pouco despois, Salvamento Marítimo informou de que a persoa xa se atopaba fóra da auga, situada nas rochas, mentres Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizaba o helicóptero medicalizado con base en Santiago.

A propia persoa que realizou a chamada ao 112 confirmou posteriormente que o ferido xa se atopaba nunha zona accesible desde terra. Permanecía consciente, pero presentaba síntomas de hipotermia e estaba desorientada.

Os bombeiros trasladárona en padiola ata o punto onde os profesionais sanitarios prestáronlle asistencia. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Salvamento Marítimo, o Servizo de Gardacostas de Galicia, os Bombeiros de Ribeira e Boiro e o GAEM de Ribeira, así como axentes da Policía Nacional e Local.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade