Publicador de contidos

Publicador de contidos

Localizan en bo estado unha muller que desaparecera en Entrimo durante a noite do xoves

Localizan en bo estado unha muller que desaparecera en Entrimo durante a noite do xoves

A muller necesitou asistencia sanitaria

G24.gal 25/07/2025 14:18

Unha muller de avanzada idade, desaparecida en Entrimo (Ourense) na noite do xoves, foi localizada esta mañá nunha zona de difícil acceso da parroquia da Pereira.

A Axencia Galega de Emerxencias (Axega) indicou que foron os efectivos de Protección Civil de Entrimo os que contactaron co 112, pouco antes das 10.00 horas, para informar de que fora localizada. A muller necesitaba asistencia sanitaria.

O rescate foi realizado polo GES de Lobios, que empregou unha padiola para trasladar á muller ata a ambulancia. Posteriormente, foi evacuada ao momento de Atención Continuada. No operativo participaron tamén Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e axentes da Garda Civil, xunto cos voluntarios de Protección Civil de Entrimo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade