Publicador de contidos

Publicador de contidos

Controlado o incendio forestal de Cualedro, que afecta a unhas 90 hectáreas

Controlado o incendio forestal de Cualedro, que afecta a unhas 90 hectáreas

Comezara o mércores na parroquia de San Millao e chegou a pasar a Portugal

G24.gal 25/07/2025 11:10

A Consellería do Medio Rural deu por controlado na noite do xoves o incendio forestal do concello ourensán de Cualedro, que tamén afecta a Portugal, con ao redor de 90 hectáreas queimadas.

Segundo informa a Xunta, o lume quedou controlado ás 20.54 horas do xoves despois de iniciarse ás 16.38 do mércores. Para a súa extinción, ata ese momento mobilizáronse tres técnicos, 17 axentes, 27 brigadas, 15 motobombas, tres pas, dúas unidades técnicas de apoio, sete helicópteros e catro avións.

Entre os efectivos figuran tamén os bombeiros de Países Baixos que realizan unha estancia formativa en Galicia enmarcada no mecanismo europeo de Protección Civil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade