Publicador de contidos

Publicador de contidos

O mundo da navegación aérea, ao alcance de calquera grazas ao Criterium Aeronáutico

O mundo da navegación aérea, ao alcance de calquera grazas ao Criterium Aeronáutico

Sobrevoar a muralla romana en avioneta ou tirarse en paracaídas son algunhas das posibilidades que ofrece

O simulador de voo do CIFP As Mercedes de Lugo é outro dos reclamos 

O aeródromo de Rozas acolle o evento, que exhibe aeronaves históricas

G24.gal 25/07/2025 14:30

Pouco aire e ceo azul. O día está perfecto para gozar dos voos acrobáticos, que captan tódalas miradas entre o público asistente ao Criterium Aeronáutico, que acolle ata o domingo o aeródromo de Rozas, en Castro de Rei. 

Unha cita que permite subir nunha avioneta. "Imos o meu sobriño, unha amiga e mais eu", comenta este veciño que se achegou dende Lugo, quen confesa que tiña moitas ganas dende hai moitos anos".

Un dos pilotos é Roberto Sedes: "É unha viaxe de media hora que permite ver dende o aire a muralla de Lugo".

Porque o Criterium Aeronático permite cumprir soños, como o de tirarse en paracaídas. Organízaos a empresa de Hugo Sousa, quen explica que "proporcionamos unha experiencia única", como recoñecen os que se animaron.

"A saída do avión impresiona un pouquiño e a caída libre, pero perfecto, experiencia recomendable".

Outra experiencia máis tranquila, pero tamén "incrible", é a que ofrece o simulador de voo desenvolvido polo Centro Integrado de Formación Profesional As Mercedes de Lugo.  

O aeródromo de Rozas acollerá ata o domingo exhibicións de aeronaves e permitirá contemplar as de loita contra o lume do Exército de Aire ou o globo aerostático da Federación Aeronáutica. 

Tamén reúne auténticas xoias da aviación. Hainos dos anos 30, de tea e madeira, co único motor como único elemento metálico explica Fran Abelleira, presidente do Real Aeroclub de Lugo e organizador do Criterium Aeronáutico, quen destaca tamén o primeiro helicóptero de uso civil que houbo "ata o ano 1948 eran helicópteros militares, este é o primeiro de uso civil".

Curiosidades e oportunidades que ofrece estes días o aeródromo de Rozas para achegar ao público a cultura aeronáutica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade