Salto en paracaídas e voos de introdución no XVI Criterium aeronáutico de Galicia
Salto en paracaídas e voos de introdución no XVI Criterium aeronáutico de Galicia
O evento, que se celebra no aeródromo de Rozas, pretende achegar o mundo da aviación a todos os públicos
O aeródromo de Rozas, no concello de Castro de Rei, acolleu dende o venres o XVI Criterium Aeronáutico de Galicia, un evento que pretende achegar o mundo da aviación a todos os públicos.
A primeira expedición do día, para valorar as condicións de voo, corre a cargo do presidente do Real Aeroclub de Lugo, Fran Abelleira, organizador deste festival aéreo que considera distinto ao resto porque é "participativo, inmersivo".
María e Saray acaban de facer un voo de introdución e comentan que lles resultou tranquilo e emocionante. Desta volta, a meteoroloxía non permite saltar en paracaídas.
Porén, pódense admirar de preto as aeronaves do Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial ou a maqueta dun caza da Segunda Guerra Mundial.