Publicador de contidos

Publicador de contidos

A descarbonización do sector aeronáutico abre oportunidades para as empresas galegas

A descarbonización do sector aeronáutico abre oportunidades para as empresas galegas

Os centros tecnolóxicos galegos traballan en innovación para conseguir avións menos contaminantes 

AIMEN reúne no Porriño 120 expertos europeos no sector para debater sobre a fabricación sostible

G24.gal 14/05/2025 14:31

A boa posición das industrias galegas no sector dos drons abre a porta a novas oportunidades na aeronáutica. Fernando Sánchez Troncoso, director de I+D de AIMEN explica que "as tecnoloxías duais para defensa e aplicación civil supoñen unha importante oportunidade para Galicia".

O cambio dos combustibles fósiles por outros menos contaminantes e a procura de aeronaves máis lixeiras son algúns dos proxectos que lidera o centro tecnolóxico de AIMEN no Porriño. "A introducción de motores eléctricos, a incorporación do hidróxeno supón un monton de oportunidades", destaca Sánchez. 

Un proceso onde será clave o traspaso de coñecemento e tecnoloxía ás empresas. Salvador Romero Esteban, enxeñeiro principal de investigación de GKN Fokker Aerospace, apunta que grazas a "AIMEN pode que outro tipo de empresas se unan ao tirón da aeronáutica".

Unha revolución que vai máis alá dos fabricantes de aeronaves e compoñentes. José María Rodríguez, project manager de CT Engineering Group, detalla que necesitan posicionar "toda a cadea de valor, dende os fabricantes principais de aeronaves ata empresas de enxeñería e soporte para introducir estas tecnoloxías que van permitir a descarbonización do sector".

Estes días AIMEN reúne no Porriño 120 expertos europeos no sector para debater sobre a fabricación sostible.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade