Publicador de contidos

Publicador de contidos

A minaría galega aposta pola busca de novas reservas cara á descarbonización

A minaría galega aposta pola busca de novas reservas cara á descarbonización

Destacan que cando menos hai reservas de cinco materias primas críticas na nosa comunidade autónoma

En Cobre San Rafael destacan que a minaría sostible é posible 

G24.gal 29/05/2025 14:11

Cobre San Rafael investirá 500 millóns de euros en provedores locais dentro do seu proxecto para a mina de Touro. Daniel Domínguez, director de Gobernanza Reporting en Valora Consultores, foi un dos encargados de facer a análise do impacto socioeconómico da reactivación da mina e destaca que nos momentos de maior xeración de emprego, situarase este ao redor de 2.000 empregados a tempo completo en Galicia.

Aseguran que, ademais da sostibilidade económica e social, garanten tamén a medioambiental. "Ademáis de extraer cobre, faise unha restauración progresiva dos terreos para que ao final da vida da mina se lles poida dar uso", explica Fernando Riopa, director xeral de Cobre San Rafael.

O sector mineiro considera que a explotación das materias primas críticas supón unha importante oportunidade en Galicia, con distintas reservas por investigar. Carlos Martínez, director de minería en Recursos de Galicia, apunta cara ás necesidades actuais: "Calquera transición cara á descarbonización implica electricidade, e para conducila e almacenala é necesario cobre e litio, e despois temos tamén estaño, volframio...".

Outros sectores, como o metalúrxico, ven un novo nicho de negocio. "Probablemente o segmento que tería máis posibilidades e potencialidades é o de construcións e estruturas metálicas que se precisarían para a construción das plantas industriais vencelladas coa minaría", detalla Enrique Mallón, secretario xeral de ASIME.

En Vigo, representantes do sector mineiro e industrial abordaron as opcións de cooperación no que denominan minería responsable e sustentable.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade