Unha vaca leiteira pare tres xatos en pouco máis de media hora
Na gandeira o Pazo de Lalín é a primeira vez que teñen un parto con tres crías
O parto foi rápido e sen complicacións
Unha proba de sangue determinará se os animais teñen algún problema de fertilidade
"Non houbo ningún problema, o primeiro naceu ás dúas menos vinte e ás tres menos cuarto xa estaban os tres na corte", di a gandeira Crisitna González.
Na gandería o Pazo de Lalín andaban alerta con este parto porque o técnico de reprodución xa lles dixera que a vaca traía dúas crías, pero equivocáronse.
Nesta explotación con medio cento de vacas de leite e a primeira vez que teñen un parto con tres becerros e non saen de todo do asombro.
"Nunca vin un becerro tan pequeno". "Son os consentidos", explica Cristina.
Son fillos de Chula, unha vaca leiteira que xa pariu outras cinco veces. Os animaliños seguen sen nome polo momento
"Hai varias opcións, será bo que se lle poidan por porque iso será que quedan na casa", di Cristina.
A dúbida é que, ao haber femias e un macho no mesmo parto, existe unha probabilidade alta de esterilidade nos animais. Unha proba de sangue determinará o seu futuro.
Se non son aptos para a cría e a reprodución axiña mudarán de corte.