Publicador de contidos

Publicador de contidos

Case un cento de sancións por aparcar en prazas de mobilidade reducida en Pontevedra

Case un cento de sancións por aparcar en prazas de mobilidade reducida en Pontevedra

Aumentan as denuncias por uso fraudulento ou facer copias das tarxetas

As multas poden ser de entre 200 euros e ata 3 anos de cadea por falsificación documental 

G24.gal 20/04/2026 14:05

A Policía Local de Pontevedra denunciou no que vai de ano case cen condutores polo mal uso das prazas de mobilidade reducida. Na última campaña de control a policía sancionou 26 condutores en menos dunha semana. A 18 por estacionar sen tarxeta e 8 por facer uso dunha non válida. Amais, interviñeron 8 delas por uso fraudulento, por estaren caducadas ou por estar fotocopiadas

O xefe da Policía Local de Pontevedra, José Manuel González Aval, di que "antes atopábase máis ben xente que usaba esas prazas sen tarxeta, pero agora un fraude xente que as utiliza sen estar autorizado. O titular non está no vehículo ou usan fotocopia...".

A falta de aparcadoiros nas rúas obriga a moitos a usar estacionamentos de pago. Pero todos coinciden en que o respecto debería ser máximo.

Os titulares da tarxeta poden chegar a perdela malia que o infractor sexa outro. Segundo Aval, "os titulares teñen resposabilidade, porque moitas veces a tarxeta é valida pero está sendo usada de forma fraudulenta, porque eles non o utilizan".

No que vai de ano a Policía Local denunciou 94 condutores polo uso indebido destas prazas para xente con mobilidade reducida. As sancións poden ser de 200 euros por utilización fraudulenta, e ata 3 anos de cadea por falsificación documental.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade